Como vos podedes imaxinar, debido a crítica situación creada pola pandemia do coronavirus, moi a pesar noso, vémonos obrigados a suspender as xornadas que vos tiñamos anunciado para os vindeiros días 18 e 19 de abril, datas nas que todos continuaremos confinados nas nosas respectivas casas.
Como queira que ninguén sabe con seguridade como nin cando rematará este asunto tan serio e preocupante que invadiu de súpeto as nosas vidas, non podemos fixar, polo momento unha nova data para a súa celebración, aínda que en principio, estamos barallando a posibilidade de facelo na primeira fin de semana de setembro (días 05, sábado e 06, domingo), se as circunstancias o permiten.
Naturalmente, manterémosvos debidamente informados desta nova cita, na que esperamos reunirnos todos, sanos, ledos y con máis forzas e gañas de loitar pola preservación da nosa saúde ca nunca, despois de haber superado este serio problema que agora nos mantén, cando menos prisioneiros.
Coa lóxica tristeza de non poder xuntarnos en breve, como tiñamos previsto, desexamos que gocedes da maior saúde e tranquilidade posible e que isto teña un rápido e feliz desenlace para todos.
Unha aperta virtual moi forte, que esperamos poder darvos persoalmente, unha vez pasado un feliz verán que de seguro borrará das nosas mentes esta primaveira tan tenebrosa, da que tamén debemos aprender para que esta praga non se repita.