TALLERES DE ACTIVIDADES PARA COLEXIOS EN CASA DO PATRÓN
O Museo Casa do Patrón de Lalín, xa comenzou a nova campaña de actividades e obradoiros para nenos e nenas de todolos colexios de Galicia.
Trátase dunha variada oferta de talleres onde os nenos son os principais protagonistas, xa que ademáis de pasalo ben, descubren e aprenden a maneira de traballar que tiñan os seus avós, coñecendo distintos materiais e ferramentas que hoxe en día prácticamente non se utilizan.
Para estes meses de marzo e abril, o Museo Casa do Patrón, ten preparada unha nova actividade: A horta da avoa. Trátase dun taller onde os nenos recoñecerán distintos productos da horta, plantar algún deles e levalo en semilleiros para casa para que o coiden e ver como medra.
Outros talleres de actividades que se poden realizar en Casa do Patrón son o obradorio do pan, onde os nenos peneiran a fariña, amasan o seu boliño e logo se coce no forno de leña. O taller do queixo, onde eles mesmos elaborarán un queixiño coas mans. Cestería, utilizando as técnicas tradicionais tecerán un cestiño ou lapiceiro. Telares, traballos con barro, xogos populares, rutas de senderismo para coñecer a flora do entorno.
Como novidade, tamén poderán xirar unha visita guiada a coroa do Castro de Doade, onde se atopan uns terreos mercados recentemente polo Museo Casa do Patrón para este fin, convertíndose así no primeiro Museo Etnográfico de Galicia cun castro propio, no que lle será explicado sobor do terreo o xeito de vida dos nosos antepasados celtas.
Ademáis conta cun restaurante tradicional dentro do entorno museístico onde poderán degustar uns menús cun precio moi asequible, podendo comer cómodamente, sen necesidade de traer as suas mochilas cargadas da casa.
Tódolos colexios interesados nesta oferta lúdico-educativa poden poñerse en contacto con Casa do Patrón para ampliar información ou facer as súas reservas, a través do teléfono 986 69 22 03, ou enviando un correo a info@museocasadopatron.com – casadopatron@gmail.com.