Sala XIV: Líbranos del Mal

O Museo conta cunha nova sala expositiva ubicada no interior dunha fermosa capela de pedra, construída en conmemoración da antiga capeliña existente en Codeseda, fundada no ano 1710 e totalmente desaparecida a mediados do século pasado, da que só se conservan as tallas da Sagrada Familia que a presidía, así como a pía da auga bendita.

capilla doade (1)

Alberga unha exposición de carácter permanente formada por unha escolma de obxectos, imaxes e textos vencellada ao mundo das crenzas, do mítico, do relixioso e do máxico da cultura galega, con vitrinas móbiles na súa parte central, que lle dan a versatilidade necesaria para celebrar todo tipo de actos socio-culturais organizados polo Museo, sen perder ningunha capacidade expositiva.

capilla doade (2)

Está estruturada en cinco categorías:
* A protección (das persoas, da casa e da facenda)
* A curación do mal.
* Os ritos propiciatorios.
* As crenzas máxico-relixiosas.
* A relixiosidade popular.

LINK: +INFORMACIÓN