Inaguración Sala de Arqueoloxía no Museo Casa do Patrón
O vindeiro sábado, día 20 de febreiro as 11:00 horas celebraráse o acto de inauguración da Sala de Arqueoloxía da Aurela do Castro de Doade, no auditorio do Museo Etnográfico Casa do Patrón de Codeseda (Doade).
Esta sala estará composta inicialmente polos restos atopados na campaña arqueolóxica realizada no mencionado Castro no mes de xuño do pasado ano 2.015, réplicas de cacharros similares achados en outros Castros de Galicia, láminas explicativas, maquetas e recreacións da vida castrexa, cun espazo adicado a almacén para as pezas non expostas.
Recordamos aquí que se encontraron 3.521 restos de cerámica, pallabarro, líticos, metais, muíños circulares, naviformes, etc. que están depositados íntegramente nesta Sala de Exposicións.
Esta Sala de Arqueoloxía, que está deseñada para albergar os restos de futuras actuacións arqueolóxicas de maior calado previstas neste Castro, a primeira das cales comezará no mes de maio e xuño deste ano, tamén contrasta a cerámica do Castro de Doade que, según os arqueólogos data dos sécalos IV a I antes de Cristo, coa cerámica de fai 100 anos dos 4 centros mais representativos de Galicia na actualidade: Bonxe, Buño, Gundivós e Niñodaguia.
Esta exposición, xunto coas estructuras habitacionais localizadas no Castro, que se farán visitables cara o fin do próximo verán, en canto sexan totalmente exhumadas, consolidadas, restauradas e sinalizadas, enriquerecerán en gran medida a importante oferta cultural e turística da Casa do Patrón, no lugar de Codeseda, da parroquia de Doade e do Concello de Lalín.
Trátase dunha iniciativa pioneira e histórica en Galicia, na que unha Asociación Cultural da parroquia no que se ubica o Castro se encarga da súa recuperación, excavación e exposición dos restos nun Museo situado nuna aldea da mesma, a 200 metros do seu lugar de orixe, que lle da ó conxunto un gran valor engadido .
O Museo, que asume a gran responsabilidade de conservar, expoñer e difundir o valor cultural dos achados do Castro de Doade , que, como a totalidade dos restos arqueolóxicos son Patrimonio Público de Galicia complácese en invitar a totalidade dos veciños, socios da Institución e o público en xeral a este acto de inauguración na que o Arqueólogo Director da escavación, D. Erick Carlsson-Brant Fontán explicará polo miúdo os sondeos realizados, as escavacións previstas para a vindeira campaña, e a composición, procedencia, antigüedade, valor cultural e histórico das estructuras e restos recuperados.