Restos Arqueolóxicos no Museo Casa do Patrón.
O día 09 de decembro do 2.015, marcará un antes e un despois na longa historia desta pequena, pero gran aldea do Concello de Lalín.
O equipo de arqueólogos que procedeu a excavación inicial do Castro de Doade no mes de xuño do 2.015, encabezado polo arqueólogo Director, D. Eric Carlsson-Brandt Fontán e o arqueólogo profesional D. David Fernández Abella, baixo a dirección científica do Douctor D. José Manuel Caamaño Gesto , procedeu a entrega dos restos arqueolóxicos achados na mencionada actuación, consistente en 3.500 restos de cerámica, muíños de man, etc, sendo recepcionados para a súa custodia e posterior exposición polo Presidente da Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón e xerente deste Museso, D. Manuel Blanco Villar.
Este depóstio foi autorizado para a creación inminente dunha sala de arqueoloxía na Casa do Patrón, con data 07 de setembro do 2.015, pola Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia.
Trátase, sen dúbida algunha, do feito máis relevante da historia deste lugar, e tamén de toda a parroquia de Doade, que terá a excepcional oportunidade de albergar, contemplar e difundir o seu patrimonio mais preciado, posto que os restos arqueolóxicos datan dos sécalos IV a I antes de Cristo, según os expertos.
Xunto con estos retos, fíxose entrega dunha copia da memoria orixinal da actuación, a depositar na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, que será explicada polos arqueólogos responsables na presentación da Sala de Arqueoloxía, que comezará a montarse de inmediato.
Significar que a Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón, que acometeu, ata o momento estes traballos sen ningún tipo de axuda pública, continuará con actuacións de maior calado no Castro de Doade os vindeiros meses de maio/xuño do ano 2.016, tanto para continuar descubrindo e facer visitables as esctructuras habitacionais atopadas, como para seguir abastecendo de materiais a sala de exposición que está a xerminar.
Este conxunto de actividades arqueolóxicas, que constitúen unha iniciativa única no ámbito veciñal e rural de Galicia, daránlle outra dimensión a xa relevante laboura histórica, cultural e etnográfica, que leva desenvolvendo a Casa do Patrón de xeito continuado durante os últimos 20 anos, que a sitúan na élite da etnográfia galega.