A pasada semana foi realizada a primeira entrega do depósito dos restos arqueolóxicos da campaña de 4 sondeos valorativos acometida no Castro de Doade o pasado ano 2.016 promovida pola Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón, por parte de arqueólogo director da mesma, D. Erik Carlssonbrant Fontán, para o seu depósito e exposición nas vitrinas da sala de arqueoloxía do Museo Etnográfico Casa do Patrón, que recepcionou dito material o pasado día 07 de abril.
A memoria entregada contén os resultados xeofísicos realizados cara futuras intervencións, así como o contido e composición dos restos arqueolóxicos localizados, que consiste nun total de 1.527 pezas, das cales foron catalogadas 310, das que 279 (un 86%) corresponden material cerámico (bordos, panzas, fondos e asas) de 74 recipientes diferentes (olas, xarras, cuncas, vaso, tinaxa e prato), 18 pezas a líticos (muíños circulares e naviformes, alisadores, afiadores, pesas, etc.), 12 pezas de ferro e bronce (cravos, argolas, grapas) diverso material de construcción (tégulas, pallabarro) e varias mostras de carbón e sementes.
A maior parte destes restos arqueolóxicos son de tradición indíxena, existindo un menor número de pezas de material romano local e importancións romanas. A totalidade está datada entre os séculos IV a. de C. e I d. de C.), cun claro predominio de material indíxena, anterior o cambio de Era.
No vindeiro mes de maio será entregada a totalidade dos materiais da escavación en planta de 81 m2. cadrados, de moito maior calado, realizada no devantido Castro pola Univesidade de Santiago en Colaboración coa Consellería de Cultura tamén no ano 2.016, que conterá varios milleiros mais de materiais que serán igualmente depositados e expostos na Casa do Patrón, que pasará a ter unha sala de arqueoloxía xa moi relevante e representantiva monotemática dos materias do Castro de Doade, sito a menos de 600 metros da mesma.
Por outra banda, a Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón acometerá unha terceira campaña de escavación, por parte de 5 arqueólogos profesionais e 5 arqueólogos en prácticas do Máster de Arqueoloxía da USC, durante o periodo comprendido entre os días 08 e o 26 de maio próximo, consistente na realización de 4 cadrículas de 4 x 4 m. arredor da área xa escavada, na busca de novas estruturas habitarionais, ampliando o espazo xa musealizado nos laterales Este e Oeste da estrutura que quedou visitable o ano pasado, e unha cata de 2 x 8 m. no exterior da muralla, no camiño de acceso ó Castro, para a localización dun posible foso defensivo, detectado pola prospección xeofísica realizada.
No mes de xuño, serán realizados os traballos de tapado de catas e conservación e restauración, tanto das estruturas habitacionais que se atopen, como do material localizado na campaña 2.017, por parte de duas técnicas restauradoras profesionais.
Consideramos que a aportación do Museo Etnográfico Casa do Patrón, xunto co traballo realizado polo Centro de Investigación Castrexo de Liñares e Castrodeza, resulta de vital importancia para a recuperación, conservación e promoción dos Castros de Lalín, o municipio dos Castros por excelencia, e de toda a Comarca do Deza, toda ela moi destacada nesta faceta da nosa historia.