O Museo Casa do Patrón, xa comenzou a nova campaña de actividades e obradoiros para nenos e nenas de todolos colexios de Galicia, para este curso 2015-2016.
Trátase dunha variada oferta de obradoiros onde os nenos son os principais protagonistas, xa que ademáis de pasalo ben, descubren e aprenden a maneira de traballar que tiñan os seus avós, coñecendo distintos materiais e ferramentas que hoxe en día prácticamente non se utilizan.
Tódolos talleres que se realizan no Museo Casa do Patrón están relacionados coa etnografía. Como exemplo, o taller do pan, onde os nenos coñeceran os distintos tipos de fariña, peneirarana e amasarán un boliño de pan que logo se coce no forno de leña tradicional para que o poidan levar ou comer.
O taller de cerámica, onde moldearán á man un cacharro de barro, que logo levarán e despois de secar poderan decorar e utilizar.
Cestería, seguindo as técnicas de cestería tradicional, elaborarán un cestiño ou lapiceiro para que logo utilicen na casa.
Taller do queixo, tecido manual, xogos populares, reciclaxe de papel, …etc. Ademáis poderán disfrutar da natureza coas nosas rutas de sendeirismo, adaptadas a tódalas edades, ou acercarse ata a Coroa do Castro de Doade, onde o Museo realizará unas excavacións nos meses de Maio e Xuño, en continuación as realizadas no ano pasado.
Ademáis conta cun Restaurante Tradicional dentro do entorno museístico onde poderán degustar uns menús cun precio moi asequible, podendo comer cómodamente, sen necesidade de traer as suas mochilas cargadas da casa.
Tódolos colexios interesados nesta oferta lúdico-educativa poden poñerse en contacto con Casa do Patrón para ampliar información ou facer as súas reservas, a través do teléfono 986 69 22 03, ou enviando un correo a info@museocasadopatron.com – casadopatron@gmail.com.