Fía e tecido do liño no Museo Casa do Patrón.
A tarde de sábado 17 de octubre, foi unha tarde de fiada. Máis de cento cincoenta persoas déronse cita en Casa do Patrón para ver a demostración da fía e do tecido de liño que as tecedeiras de Zobra e veciños da aldea de Codeseda representaron no Museo. Moitos destes asistentes xa viñeran pola mañá para ver as exposicións do Museo e disfrutar dun bo Cocido no noso restaurante tradicional.
A tarde comenzou coa demostración do espadelado, golpeando o liño coa espadela para sacarlle os restos de palla. Seguidamente o restrelado, para separar a estopa do liño, e a fía do liño, de xeito tradicional con roca e fuso.
Os asistentes puideron ver todo este proceso e incluso alguén se atreveu a probar a facer fío. Tamén se fixo unha demostración de tecido nun tear tradicional, para poder ver como se elaborabas as telas que logo se cortarían para facer as vestimentas ou roupas de cama como as mantas ou as sábanas. Os máis pequenos tamén se apuntaron a darlle unhas pasadas a lanzadeira.
A música tradicional do grupo de gaitas Os Trasnos de Doade, as pandereteiras A Xariza de Parada, puxeron a nota musical durante toda a xornada, animando á xente, que se animou a botarlle varios bailes. Como non podía ser doutra maneira esta Fia e tecido do liño rematou cunha merenda para todos os participantes e asistentes.