Excavación do Castro de Doade.
Con data 23 de mayo foron recepcionados polo Museo Etnográfico Casa do Patrón de Doade, 8.083 restos arqueolóxicos mobles correspondentes a campaña 2.016 do Castro de Doade, realizada en colaboración coa Universidade de Santiago e a Consellería de Cultura.
Trátase de fragmentos catalogados (1.083) con diversos tipos de decoracións, bordos grandes e pequenos, fondos grandes e pequenos, ánforas, tégulas, pallabarro, líticos (pesos de tear e tellados fusaiolas, muíños redondos, naviformes, mans de muiño), tapadeiras cerámicas,mostras de terra e carbón, así como de 7.000 fragmentos de cerámica descartados.
Os restos da excavación do Castro de Doade, foron entregados polo Director da escavación D. Erik Carlsonbrant Fontán o xerente do Museo, Manuel Blanco Villar. Os mais relevantes serán expostos nas vitrinas da sala de arqueoloxía do Museo, hacia finais do vindeiro mes de xullo, quedando a totalidade depositado no almacén do Museo.
Con data 05 de xuño serán entregados os materiais ainda en proceso de restauración (pota de cerámica, 3 fíbulas de bronce e varios cravos de ferro), que tamén serán expostos, xunto co resto do material.
Polo seu tamaño, cantidade e variedade, constiturán unha exposición moi completa da vida no Castro de Doade, e por extensión, dos demais catros do Deza e da Galicia interior.
O Museo quere agradecer expresamente os arqueólogos representados neste acto polo Sr. Fontán, Director da escavación o gran traballo desenvolvido o longo de todo o ano, que nos permitirá agora a todos disfrutar deste verdadeiro tesouro catrexo.