O Museo Etnográfico Casa do Patrón acaba de asinar un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago para a canalización de prácticas dos alumnos de grao das carreiras de Historia e Historia do Arte, así como dos alumnos do máster de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, ó aveiro do acordo-marco que teñen suscrito ambas partes desde fai máis de 12 anos, similar ó asinado polo Museo coa Universidade de Vigo.
Este convenio servirá unha vez máis para que os alumnos da Facultade de Historia en xeral e os de Lalín e Comarca do Deza en particular poidan realizar a súas prácticas e traballos de fin de carreira preto do seu domicilio na mencionada Casa do Patrón, pola que pasaron xa mais de medio cento de alumnos de diversas ramas (historia, arqueoloxía, turismo, arquitectura, enxeñería, informática, bioloxía, etc.) ó longo dos anos de vixencia dos mencionados acordos.
O Museo quere manifestar o seu agradacemento a ambas Universidades e animar ós estudiantes interesados a presentar a súa solicitude en tempo hábil antes de que se esgoten as plazas convocadas.
Neste eido, o Museo anuncia o inminente montaxe dunha sala de exposición monotemática de arqueoloxía nas súas instalacións composta exlusivamente polos restos que se vaian achando nas sucesivas actuacións arqueolóxicas do Castro de Doade, sito a menos de 200 metros do lugar de Codeseda, no que se ubica a Casa do Patrón, tendo previsto a súa inauguración para finais de ano, que irá acompañada dunha presentación dos numerosos restos atopados que os expertos sitúan entre séculos IV e I antes de Cristo.
Xa conta coa pertinente autorización da Dirección Xeral do Patrimonio a tal fin ,estando previsto que os restos, unha vez estudiados e catalogados polo equipo de arqueólogos responsable da actuación realizada no Castro de Doade o pasado mes de xuño, sexan entregados ó Museo para o seu depósito a principios do vindeiro mes de decembro.
Por outra banda, o Museo ten proxectada unha actuación arqueolóxica máis amplia para os meses de maio a xuño do 2.016, coa finalidade de culminar a excavación das construccións descubertas na pasada campaña, realizando máis catas en diferentes puntos do Castro para localizar outras, restaurándoas e consolidándoas ó máximo posible, datóndoas da sinalización axeitada, para facelo visitable polos milleiros de nenos e maiores que cada ano se achegan o Museo Etnográfico Casa do Patrón de Codeseda.
A Directiva do Museo considera ésta unha actuación decisiva, que marcará un antes e un despois, tanto na propia andaina da propia Institución, como na do lugar de Codeseda e da parroquia de Doade, por estar escribindo unha páxina fundamental da súa dilatada e inédita historia.