Capela rural de grandes dimensións, que acubilla a exposición permanente “Líbranos do mal”, unha completa mostra sobre e etnomedicina tradicional, os ritos e as crenzas da relixiosidade popular galega, na que ademais se poden celebrar todo tipo de actos socio-culturais do Museo, e mesmo cerimonias relixiosas de carácter privado.
Consta de 4 partes ben diferenciadas: a curación do mal, a prevención do mal, ritos propiciatorios e conxunto de fotos etnográficas de ritos destacados de santuarios galegos.
Está estruturada en cinco categorías:
* A protección (das persoas, da casa e da facenda)
* A curación do mal.
* Os ritos propiciatorios.
* As crenzas máxico-relixiosas.
* A relixiosidade popular.