Actividades para escolares curso 2015-2016 en Casa do Patrón.
Dende o Museo Casa do Patrón queremos informalos de que xa temos o novo catálogo de Actividades para escolares onde lle ofrecemos a posibilidade de pasar un día cheo de, xogos, obradoiros, aprendizaxe e experiencias cos talleres preparados para este curso 2015-2016.
Ademáis da obrigada visita ó Museo de etnografía máis grande de Galicia, onde os nosos monitores os guiarán e explicarán as trece salas de exposición e máis de 4.500 pezas, poderán disfrutar e aprender cos nosos obradoiros, onde os nenos son os verdadeiros protagonistas, xa que son eles os que realizan a actividade e ó final sempre se levan algo feito.
O taller do pan, do queixo, traballos con barro, cestería, telares, xogos tradicionais, rutas de sendeirismo, … son algúns das opción que lle propoñemos para pasar un día de excursión diferente.
Ademáis contamos cun servicio de restaurante dentro do propio Museo, onde lle ofrecemos un menú adaptado ós alumnos a un precio moi reducido para que poidan comer comodamente sen necesidade de vir cargados coa mochila de comida.
Se deciden traer a comida, dispoñemos de espazos exteriores ou interiores onde poder comer.
O precio dos talleres varía en función dos escollidos, polo que lle faremos un presuposto axustado as preferencias que nos indiquen.
Agradecemos a súa atención, quedando á súa enteira disposición para calquera consulta ou tipo de información que precisen.
Esperando velos pronto por Casa do Patrón.