A fía e o tecido do Liño.
Como tódolos anos no mes de outubro, o Museo Casa do Patrón, organiza unha demostración da fía e tecido do liño. A data escollida para a celebración desta demostración será o sábado 15 de outubro, a partires das 16:30 horas.
A xornada comenzará coa preparación do liño na espadela, con demostracións de espadelado en algunhas pezas do propio Museo. Seguirá o restrelado para separar o liño bo da estopa. Toda a xente que queira poderá participar na actividade aprendendo a espadelar ou a restrelar.
Continuará o fiado coa roca e co fuso. As fiadeiras explicarán como facer e a xente poderá tamén participar nesta labor.
Finalmente tocaralle o turno as tecedeiras, facendo a demostración de tecido no tear, ó xeito tradicional.
Esta actividade da fía e tecido do liño, que se celebra cada ano no Museo Casa do Patrón, e totalmente gratuita e poderá asistir toda aquela xente que o desexe. Ó tratarse dunha actividade que se realiza pola tarde, Casa do Patrón preparará un menú especial fía no seu Restaurante tradicional, para todas as persoas, previa reserva, que desexen vir antes e quedarse a comer.
O grupo de gaitas Os Trasnos, pandereteiras e cantareiras, pondrán o nota festiva a esta xornada con canción relacionadas coa actividade. Para rematar una boa merenda para os asistentes.
Dende Casa do Patrón invitamos a todas aquelas persoas que o desexen a participar con nós nesta actividade.