A fía do Liño no Museo Casa do Patrón.
Como tódolos anos no mes de outubro, o Museo Casa do Patrón, organiza unha demostración da fía e tecido do liño. A data escollida para a celebración desta demostración será o sábado 17 de outubro, a partires das 16:00 horas.
A xornada comenzará coa preparación do liño na espadela, con demostracións de espadelado en algunhas pezas do propio Museo. Seguirá o restrelado para separar o liño bo da estopa. Toda a xente que queira poderá participar na actividade aprendendo a espadelar ou a restrelar.
Continuará o fiado coa roca e co fuso. As fiadeiras explicarán como facer e a xente poderá tamén participar nesta labor.
Finalmente tocaralle o turno as tecedeiras, facendo a demostración de tecido no tear, ó xeito tradicional.
Esta actividade da fía e tecido que se celebra cada ano no Museo Casa do Patrón e totalmente gratuita e poderá asistir toda aquela xente que o desexe.
A nota festiva da xornada correrá a cargo de grupo de gaitas e cantareiras.
Dende Casa do Patrón invitamos a todas aquelas persoas que o desexen a participar con nós nesta actividade.
Fiado con roca e fuso
Tecido en tear.